Harry Potter e a Cámara dos Segredos Índice Argumento | Desenvolvemento | Filme | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónJ. K. Rowling"Nearly Headless Nick"o orixinal"Dean Thomas's background (Chamber of Secrets)"o orixinal"Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002)""Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002) - Rotten Tomatoes"o orixinal"SF Site - News: 25 March 2003"o orixinal"Past Saturn Awards"o orixinal"Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002): Reviews"Ficha na páxina da Editorial GalaxiaeWorldCat1904559634688806-8978-1-4088-1055-219764683408ID225632785
Harry PotterRon WeasleyHermione GrangerLord VoldemortAlbus DumbledoreSeverus SnapeRubeus HagridDraco MalfoyPersoal de HogwartsOrde do FénixExército de DumbledoreDevoradores da MortePersonaxes habituaisFilmesMembros do elenco
Libros de Harry PotterObras literarias de 1998Obras traducidas do inglés ao galego
J. K. RowlingHarry PotterEscola Hogwarts de Maxia e FeiticeríaCámara dos SegredosSlytherinfamilias máxicasLord VoldemortBloomsburyEditorial GalaxiaEva Almazánversión cinematográficaHarry PotterVoldemortmugglesVernon e PetuniaEscola Hogwarts de Maxia e FeiticeríaRon WeasleyHermione GrangerLord VoldemortMyrtle a ChoricasdiarioRubeus HagridbasiliscoCornelius FudgeMinistro de MaxiaAzkabanLucius MalfoyGinnyDefensa contra a Maxia NegraGilderoy LockhartamnesiafénixSombreiro EscolledorGodric GryffindorNick Case DecapitadoDean ThomasNeville LongbottomChris ColumbusSteve KlovesSaturn AwardMetacriticRotten Tomatoes
Harry Potter e a Cámara dos Segredos
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
- Este artigo trata sobre o libro; para outros usos véxase a información sobre o filme e mais o videoxogo.
Harry Potter e a Cámara dos Segredos | |
---|---|
Título orixinal | Harry Potter and the Chamber of Secrets |
Autor/a | J. K. Rowling |
Cuberta | Dolores Avedaño[1] Cliff Wright |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Colección | Harry Potter |
Tema(s) | Maxia |
Xénero(s) | Fantasía |
Editorial | Galaxia Bloomsbury |
Data de pub. | novembro de 2002 2 de xuño de 1998 |
Formato | Capa dura |
Páxinas | 288 |
ISBN | ISBN 978-84-8288-577-3 |
Precedido por | Harry Potter e a pedra filosofal |
Seguido por | Harry Potter e o preso de Azkaban |
Tradución | Eva Almazán |
Harry Potter e a Cámara dos Segredos é a segunda novela da saga Harry Potter escrita por J. K. Rowling e que ten como protagonista a Harry Potter, un mozo meigo. O libro continúa a historia de Harry Potter no seu segundo ano na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería, durante o que aparecen unha serie de mensaxes nas paredes do colexio advertindo de que a Cámara dos Segredos fora aberta e que o herdeiro de Slytherin ía matar a todos aqueles que non proviñesen de familias máxicas. Harry ten unha nova confrontación con Lord Voldemort, que de novo intenta recuperar o seu poder minguado.
O libro saíu á venda o 2 de xullo de 1998 publicado por Bloomsbury no Reino Unido e no mes de novembro de 2002 en Galicia pola Editorial Galaxia coa tradución de Eva Almazán. Malia que Rowling declarou que tivera dificultades para rematar o libro, obtivo bos eloxios e premios da crítica e dos lectores, aínda que algúns críticos dixeron que quizais a historia era demasiado aterradora para os máis novos. Outros viron que a identidade persoal era un tema moi presente no libro, que se podía relacionar con temas de racismo a través do trato que reciben os personaxes non-máxicos e non-humanos. A versión cinematográfica, estreada en 2002, converteuse no terceiro filme en superar os 600 millóns de dólares estadounidenses nas salas internacionais.
Índice
1 Argumento
1.1 Introdución
1.2 Resumo
2 Desenvolvemento
3 Filme
4 Notas
5 Véxase tamén
5.1 Ligazóns externas
Argumento |
Introdución |
Na primeira novela, o personaxe principal, Harry Potter, fixo fronte ás dificultades de medrar co reto engadido de ser un meigo famoso. Cando Harry era un bebé, Voldemort, o meigo escuro máis poderoso da historia, matara os pais de Harry pero desapareceu misteriosamente despois de intentar asasinar o cativo. Isto foi o que fixo a Harry gañar a súa fama. O neno púxose ao coidado dos seus tíos muggles, Vernon e Petunia.
Harry entra no mundo máxico con once anos, e ingresa na Escola Hogwarts de Maxia e Feiticería. Fai amizade con Ron Weasley e Hermione Granger e ten unha confrontación con Lord Voldemort, que intenta recuperar o seu poder.
Resumo |
Logo do comezo do segundo ano de Harry en Hogwarts, aparecen mensaxes escritas nas paredes dos corredores dicindo que a mítica Cámara dos Segredos fora reaberta e que o herdeiro de Slytherin mataría todos os alumnos cuxos pais fosen muggles. Ao longo dos meses seguintes, varios nenos da escola aparecen petrificados na escola. Entrementres, Harry, Ron e Hermione descobren a Myrtle a Choricas, a pantasma dunha nena asasinada a última vez que a Cámara fora aberta que vive no baño onde morreu. Myrtle móstralle a Harry un diario propiedade de Tom Morlov Riddle. Malia que as páxinas están en branco, o diario responde cando Harry escribe nel. O libro ensínalle Hogwarts cincuenta anos atrás, onde ve a Tom Riddle botarlle as culpas a Rubeus Hagrid, que tiña trece anos e xa gardaba criaturas perigosas como mascotas, de ter aberto a Cámara.
Catro meses despois róubanlle o diario, e pouco despois Hermione aparece petrificada. Porén, descobren que tiña unha nota que explica que o culpable é un basilisco, unha enorme serpe cuxa mirada mata a todo aquel que dirixa a vista directamente aos seus ollos, pero tan só petrifica aos que ven o seu reflexo. Hermione conclúe que o monstro viaxa a través das tubaxes da escola e emerxe a través do baño que habita Myrtle. Por outra banda, debido aos ataques continuados, Cornelius Fudge, Ministro de Maxia, leva preso a Hagrid ao cárcere de Azkaban como precaución. Lucius Malfoy, pai de Draco e antigo aliado de Voldemort que insiste en estar reformado, anuncia que Dumbledore foi suspendido do seu cargo de director.
Despois de que a irmá pequena de Ron, Ginny, sexa levada á Cámara, os profesores insisten en que o profesor de Defensa contra a Maxia Negra, Gilderoy Lockhart, se faga cargo da situación. Non obstante, cando Harry e Ron van á súa oficina a contarlle as súas descubertas sobre o basilisco, Lockhart revela que é un fraude que levou o creto dos logros doutros e intenta borrar a memoria dos nenos. Tras desarmar a Lockhart, acoden con el ata o baño onde se atopa Myrtle, onde Harry abre a pasaxe cara á Cámara dos Segredos. Nos sumidoiros de debaixo da escola, Lockhart quita a variña a Ron e intenta borrarlles a memoria de novo, pero debido a que a variña estaba danada, o esconxuro diríxese ao propio Lockhart, causándolle amnesia e derrubando parte do túnel, o que provoca a separación de Harry con Ron e Lockhart.
Mentres Ron intenta abrir paso entre os cascallos, Harry entra na Cámara dos Segredos, onde Ginny está tombada ao carón do diario. Harry vai onda ela e aparece Tom Riddle, cun aspecto igual ao que tiña cincuenta anos antes, e explica que é un recordo almacenado no diario. Ginny escribira nel sobre as súas esperanzas e medos, e Riddle gañara a súa confianza co fin de empregala para que abrise a Cámara. Riddle tamén revela que el é Voldemort de novo. Cando Ginny se decatou de que ela era a responsable dos ataques, intentou desbotar o diario; logo foi parar a Harry. Despois de contarllo, Riddle libera o basilisco para que mate a Harry. Entón o fénix que Dumbledore ten por mascota, Fawkes, trae unha espada envolvida no Sombreiro Escolledor. Harry emprega a espada para matar o basilisco, pero non antes de levar unha trabadela dun dos cabeiros velenosos da criatura, que se desprende. Mentres Riddle fala co Harry agonizante, Fawkes chora na ferida de Harry para curalo. Harry espeta o cairo roto no diario e Riddle esvaece. Ginny revive e volven ata onde está Ron, que aínda está co amnésico Lockhart. Fawkes lévaos aos catro fóra dos túneles.
Harry nárralle a historia a Dumbledore, xa restablecido como director, e cando menciona os seus medos por atopar semellanzas entre el e Tom Riddle, Dumbledore dille que Harry elixira a casa Gryffindor e que só un membro verdadeiro desa casa podería ter usado a espada de Godric Gryffindor para matar o basilisco. Lucius Malfoy irrompe no despacho e Harry acúsao de meter o diario entre os libros de Ginny cando mercaban o resto de manuais. Finalmente, as vítimas petrificadas do basilisco cúranse mediante unha apócema.
Desenvolvemento |
Rowling tivo dificultades para rematar Harry Potter e a Cámara dos Segredos porque tiña medo de que non cumprise as expectativas alcanzadas despois de Harry Potter e a pedra filosofal. Despois de entregar o manuscrito a Bloomsbury, levouno de volta e revisouno durante seis semanas[2].
Nos primeiros bosquexos do libro, a pantasma de Nick Case Decapitado cantaba unha canción composta por el que explicaba a súa condición e as circunstancias da súa morte. Esta parte foi suprimida por petición do editor, pero publicouse como material extra na páxina web de J. K. Rowling[3]. A historia da familia de Dean Thomas foi tamén eliminada porque Rowling e os editores considerárona unha "digresión innecesaria", á vez que considerou dunha "maior importancia para a trama central" a viaxe de descubrimento de Neville Longbottom[4].
Filme |
- Artigo principal: Harry Potter e a Cámara dos Segredos (filme).
A versión cinematográfica de Harry Potter e a Cámara dos Segredos estreouse en 2002[5]. Chris Columbus dirixiu o filme[6] e o guión foi escrito por Steve Kloves. Converteuse na terceira película en superar os 600 millóns de dólares estadounidenses nas salas internacionais, precedida por Titanic (1997) e Harry Potter e a pedra filosofal (2001)[7]. O filme foi nomeado a un Saturn Award como mellor filme de fantasía[7], pero gañou O Señor dos Aneis: As Dúas Torres[8]. A versión cinematográfica d’a Cámara dos Segredos recibiu críticas xeralmente positivas, tanto de Metacritic[9] como de Rotten Tomatoes[6].
Notas |
↑ Dolores Avedaño foi a encargada de realizar a portada para a versión en castelán, mais os seus debuxos usáronse tamén para as versións galegas e hispanoamericanas.
↑ Sexton, Colleen (2007). "Pottermania". En Twenty-First Century Books. J. K. Rowling. pp. 77–78. ISBN 0-8225-7949-9. Consultado o 25 de maio de 2009.
↑ Rowling, J.K. (2009). "Nearly Headless Nick". Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2009. Consultado o 25 de maio de 2009.
↑ Rowling, J.K. (2009). "Dean Thomas's background (Chamber of Secrets)". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2010. Consultado o 25 de maio de 2009.
↑ Schwarzbaum, Lisa (13 de novembro de 2002). Entertainment Weekly, ed. "Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002)". Consultado o 8 de agosto de 2009.
↑ 6,06,1 IGN Entertainment, Inc (ed.). "Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002) - Rotten Tomatoes". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2010. Consultado o 26 de maio de 2009.
↑ 7,07,1 "SF Site - News: 25 March 2003". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2008. Consultado o 26 de maio de 2009.
↑ Academy of Science Fiction, Fantasy & Horror Films, ed. (2006). "Past Saturn Awards". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2008. Consultado o 26 de maio de 2009.
↑ Metacritic (ed.). "Harry Potter and the Chamber of Secrets (2002): Reviews". Consultado o 26 de maio de 2009.
Véxase tamén |
Ligazóns externas |
Ficha na páxina da Editorial Galaxia (en galego)
|
|
Categorías:
- Libros de Harry Potter
- Obras literarias de 1998
- Obras traducidas do inglés ao galego
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.496","walltime":"0.685","ppvisitednodes":"value":1229,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":58699,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":7730,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":7,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":10880,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":8,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 597.444 1 -total"," 58.43% 349.090 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 19.45% 116.221 1 Modelo:Listaref"," 8.64% 51.622 1 Modelo:Cita_libro"," 8.35% 49.872 1 Modelo:Libro"," 7.61% 45.492 1 Modelo:Infobox"," 7.47% 44.642 7 Modelo:Cita_web"," 5.52% 32.994 1 Modelo:Harry_Potter"," 5.22% 31.196 1 Modelo:Título_en_cursiva"," 5.01% 29.946 1 Modelo:Navbox_con_columnas"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.297","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4598190,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1318","timestamp":"20190422033412","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Harry Potter e a Cu00e1mara dos Segredos","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Harry_Potter_e_a_C%C3%A1mara_dos_Segredos","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q47209","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q47209","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-06-17T13:11:52Z","dateModified":"2019-01-24T09:33:07Z"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":150,"wgHostname":"mw1330"););